domingo, 13 de maio de 2018

V CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE FRADES

Por sorte o tempo acompañounos ata o final e tivemos un día perfecto para correr e para gofar unha tarde entre amigos/as e compañeiros/as do deporte e da diversión.  Grazas a todos/as outra vez por participar e por vir a esta festa do deporte. 



  
 
 
 
 

venres, 20 de abril de 2018

V CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO CONCELLO DE FRADES 2018



Xa temos aquí a V CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO CONCELLO DE  FRADES. Animamos a todo o alumnado do centro para que participen nun día de deporte e de festa. Como en anos anteriores o colexio colaborará na inscripción do alumnado. Ata o 10 -5-18 hai tempo pero non o deixes para o último día. 



mércores, 18 de abril de 2018

DEPORTES ESO

Como o ano anterior seguimos xogando nos recreos a diferentes deportes organizados polos nenos e polos profesores de secundaria.













domingo, 18 de febreiro de 2018

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS PRAIO CABÍO (A POBRA DO CARAMIÑAL)


Un día máis a nosa campeona Enma deixounos abraiados coa súa capacidade de superación e esforzo participando, no campionato galego de campo a tráves na Pobra do Caramiñal, sen estar ao 100 %. Gracias Enma, polo exemplo de deportista que nos das a todos !!

luns, 5 de febreiro de 2018

Día da Paz

O pasado 30 de xaneiro festexamos o DÍA DA PAZ mediante xogos cooperativos; pasámolo xenial. Este foi o resultado

domingo, 4 de febreiro de 2018

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ACEA DA MA (CULLEREDO)

Outro día máis o alumnado do noso centro demostrou a capacidade de superarse a si mesmos. Nun día marcado polo mal tempo, só Enma foi capaz de clasificarse para a seguinte fase do campionato campo a través. A pesar diso felicitacións a Bruno, Diana, Natalia e Enma polo seu esforzo e por facer deporte. Oxalá todos aprendamos deles e nos animemos a seguir o seu exemplo. Moitas grazas campións!!