domingo, 8 de marzo de 2020

8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar este día, recuperamos un vídeo de 2011 sobre mulleres deportistas.
Moitas grazas por perseverar avanzando cara á igualdade no deporte!


RESUMO SEMANAL DOS TORNEOS

TENIS DE MESA
Esta semana xogánronse os oitavos de final de tenis de mesa, que xa eran eliminatorios. Conseguiron clasificarse para a seguinte rolda: Marcos, Rubén A., Anxo, David P., Dani, Rubén F., Hugo R. e Hugo C.

BALONCESTO
Xogouse a primeira semifinal entre os Ángeles Lagers (9 puntos) e os Denver Nuggets de Polo (14 puntos). Os Denver conseguiron clasificarse para a final.

Equipo dos Denver Nuggets de Polo


Equipo dos Ángeles Lagers 


DODGEBALL
O Nottinghan Prisas (Leticia, Hugo C. Silvia, Nerea e Carlotaconseguiu o 5º posto despois de vencer ao Rápido Pontequieto (Jorge, Ana, Xoel, Antía e Paula) nun partido moi igualado ata o final e con baixas dalgúns xogadores e xogadoras.

luns, 2 de marzo de 2020

PREMIO NO ENTROIDO DE FRADES 2020!

Noraboa! O alumnado de 4ºESO gañou un premio no concurso de disfraces do Concello de Frades 2020! Os cartos serán destinados á excursión de fin de curso e etapa que van realizar en próximas datas.


QUE BEN O PASAMOS NO ENTROIDO!

Como este ano a temática era "A granxa", o alumnado de secundaria decidiu disfrazarse de alimañas varias porque, que é unha granxa sen raposos, xabarís, velutinas e veterinarios?
Ademais, cada curso fixo unha coreografía para celebrar o Entroido. Desculpade os pequenos erros, estabamos moi nerviosos con tanto público... O importante é o esforzo e a ilusión de todos eles! Esperamos que vos guste!

O grupo de 1º bailou a Muiñeira de Chantada.

  

 




O grupo de 2º bailou unha danza tradicional de E.E.U.U., Oh Susanna!









      






O grupo de 3º bailou un cha-cha-chá.





E o grupo de 4º rapeou o Rap das Velutinas e logo bailou unha coreo de hiphop.








martes, 18 de febreiro de 2020

SEGUIMOS COS TORNEOS DOS RECREOS!!!

O alumnado de secundaria continua cos torneos do recreos. Este trimestre xogamos a tenis de mesa, baloncesto 4 x 4 e dodgeball.
A competición é mixta e, de momento, moi emocionante. Quen gañará?



domingo, 19 de xaneiro de 2020

CAMPO A TRAVÉS FASE ZONAL SANTIAGO DE COMPOSTELA


Non nos acompañou o tempo este sábado pola mañá pero, como en anos anteriores os resultados non poideron ser mellores. Todos/as pasaron a seguinte proba. Bruno, Natalia e Enma seguen na competición despois dunhas carreiras moi ben controladas. Seguide así compañeiros/as. Sodes un exemplo de constancia e esforzo para todos nós!!