xoves, 24 de abril de 2014

PARTICIPACIÓN en EVENTOS DEPORTIVOS LOCAIS

Coa finalidade de animar a participar en eventos deportivos da zona, o alumnado deste centro recibe a axeitada información sobre as convocatorias, características e premios dos mesmos. Estas son as tres actividades locais nas que teñen a oportunidade de participar:

-VI CROSS AMBIENTAL e III ANDAINA de Ordes, será o día 1 de maio.
-CARREIRA POPULAR de Ordes, o vindeiro 11 de maio.
-I CARREIRA POPULAR de Frades, o 19 de maio.

Os obxectivos son  levar os hábitos de vida sana fóra do centro así como fomentar  a socialización e integración no entorno.  Por outra parte, aproveitamos estos acontecementos para mellorar o coñecemento e o respeto ao medio natural.

martes, 22 de abril de 2014

RECREOS ESO na 3ª AVALIACIÓN

As actividades deportivas para este trimestre son RUGBY e VOLEIBOL.
Estade atentos para a correspondente organización e, o máis importante, para participar!!!

Bádminton 2ª Avaliación

Ola a todos!

Este ano, coma os anteriores, aos alumnos de cuarto da ESO tocounos organizar os campionatos deportivos do instituto. E nós, como organizadoras de bádminton, temos que dicir que non resultou fácil, sobre todo ao principio, pero contamos coa axuda de gran parte do profesorado e do alumnado. E o certo é que sen eles non serían posibles os partidos.

O primeiro co que nos atopamos foi cunha inmensa participación de todo o centro (nada menos que case corenta persoas dispostas a xogar!). Como xa dixemos anteriormente atopámonos con máis dificultades das que pensabamos, como por exemplo a organización de parellas e de partidos. Aínda que contamos cun montón de árbitros voluntarios, vímonos de repente cunha camisa a raias. Agora despois de vervos suando no campo, sentímonos honradas ao entregarvos a todos un premio simbólico agradecendo que vos involucrárades tanto neste deporte.

E dito esto queremos animar aos próximos alumnos de cuarto a que disfruten desta experiencia que nós vivimos.

Un saúdo a todos! 

Lucía, Sandra, Sheila

mércores, 26 de marzo de 2014

COREOGRAFÍA ACROSPORT 4º ESO

Aquí tendes a coreografía grupal de Acrosport realizada polo alumnado de 4º ESO!!! A canción que empregamos como base musical é "Watch out for this" de Daddy Yankee.
Agardamos que vos guste!!!


martes, 4 de febreiro de 2014

XOGOS DE RECREO EN PRIMARIA

O longo do curso o alumnado de primaria realizou unha gran variedade de xogos durante os seus recreos. Estes xogos moitas veces foron organizados polo profesorado pero, como non podía ser doutra forma, sempre foron voluntarios. Noutras ocasións o alumnado preferiu xogar aos seus xogos. A variedade dos xogos foi tan grande que nos dou a entender que o noso alumnado ten moitos recursos para realizar exercicio físico. O importante é que se divirtan facendo deporte sexa da maneira que sexa.

martes, 28 de xaneiro de 2014

COMPETICIÓN DE TOURO E FASE ZONAL DE SANTIAGO

O día 10 de xaneiro fomos competir a Touro na fase local de Campo a Través. Fixo un día espléndido e a organización da proba estivo xenial. Pasamos unha mañá moi divertida correndo, animando aos nosos compañeiros e coñecendo a corredores doutros colexios.
Ademáis, o equipo infantil femenino clasificouse para a seguinte fase, que se celebrou en Santiago o día 18-01-2014. Nesta fase competiron Lucía Sanjurjo, Lorena Gilda, Lorena García, Ángela Torres, Lucía Gómez e Alba Carnota.
A experiencia foi boísima e repetiremos para o ano que ven !!!

mércores, 15 de xaneiro de 2014

Entrega premios dos deportes nos recreos da 1ª Avaliación

O día do festival de Nadal, tivemos a gran honra de que os Reis Magos fixeran a entrega dos agasallos aos participantes nos deportes dos recreos en Secundaria nas modalidades de fútbol sala e atletismo. 

Noraboa a todos os participantes!!!