luns, 8 de febreiro de 2021
Coñecemos o atletismo
Nos cursos de 5º e 6º de Primaria estamos coñecendo o deporte do atletismo. Traballamos as diferentes modalidades, como se distribúe o estadio de atletismo, récords das diferentes probas, atletas máis importantes... Vimos estes contidos na aula a través do Genially que veredes a continuación e tamén de forma práctica, realizando lanzamentos de xabalina e peso (adaptando o material) e saltos de lonxitude e triple salto.
martes, 26 de xaneiro de 2021
Inventando desplazamientos 4º Primaria
En 4º de Primaria estamos trabajando los diferentes tipos de desplazamientos: marcha, carreras, saltos, cuadrupedias, reptaciones...
En esta actividad buscamos la originalidad y la creatividad, inventamos nuevas formas de desplazarnos. ¿Qué otras formas se os ocurren?
luns, 21 de decembro de 2020
Recomendacións da OMS sobre actividade física e saúde
A OMS (Organización Mundial da Saúde) ven de publicar recentemente un estudo sobre a actividade física a nivel mundial no que se indican recomendacións de actividade física por rangos de idade.
Son moitos os beneficios da actividade física en relación coa saúde e co benestar a nivel físico, psicolóxico e social. O aumento dos hábitos sedentarios e de inactividade física son preocupantes para os distintos organismos e institucións, polo que debemos insistir na importancia da creación duns hábitos saudables dende os máis pequenos, mellorando así a calidade de vida dos nos rapaces e rapazas.
Tedes máis información no seguintes links
https://www.who.int/es/news-room/fact-sheets/detail/physical-activity
https://munideporte.com/imagenes/documentacion/ficheros/033F1B47.pdf
sábado, 21 de novembro de 2020
PSICOMOTRICIDADE 3 ANOS
As nenas de 4º de Infantil divertímonos moito nas clases de psicomotricidade. Esta semana estivemos facendo os nosos primeiros circuitos. Aquí vos presentamos un exemplo para que vexades o ben que o facemos!
xoves, 19 de novembro de 2020
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)