luns, 17 de xuño de 2013

Fútbol-sala ESO

Nos meses de maio e xuño fixemos unha liga de fútbol-sala masculino e feminino. O desgaste físico e psicolóxico desenvolto ao longo dos meses polos participantes foron factores clave para o nivel acadado no campionato interescolar.

Rubén e Samuel


7 comentarios:

  1. Paréceme moi boa idea facer este blog para os compañeir@s fradenses nos enteremos dos diferentes deportes que poidamos practicar e que nos motiven para seguir unha vida saudable practicando o que máis nos gusta: o deporte.Gran idea sen dúbida algunha.

    ResponderEliminar
  2. Desde fai varios anos sempre se fixeran equipos masculinos xa que a participación das rapazas non era boa,este ano demostrouse e amosouse que as rapazas tamen xogamos ao futbol e non sempre son e serán os rapaces.

    ResponderEliminar
  3. Ola, boas tardes a todos. Pareceume moi boa esta idea de practicar deporte nos recreos. Espero que para o ano sexa así de interesante non só para os rapaces.

    ResponderEliminar
  4. Para o ano espero que sexa polo menos igual de divertido que este ano, e dende aquí animo a participar a todos.

    ResponderEliminar
  5. E unha boa idea que poidan participar no fútbol equipos masculinos e femeninos, desa maneira poidemos disfrutar todos deste deporte aproveitando os recreos da mellor forma posible.

    ResponderEliminar
  6. Non vou comentar nada ó respeto sobre o ben que me parece este blog. Pero o que sí se pode comentar é que me parece xenial que se incluira unha categoría feminina de fútbol, basicamente, para que o noso centro se centre na igualdade; resultou unha idea espectacular que espero que se siga a realizar.
    Por outra parte, opino que algunhas persoas se tomaron demasiado en serio esta competición deportiva, "petando" Twitter os días anteriores con comentarios innecesarios e de fanatismo inútil. Creo que eso se levou demasiado adiante, presentado unha actitude que, eu, non consideraría "deportiva".

    ResponderEliminar
  7. Posto que desde que estou na ESO é o primeiro ano en que fútbol é realizado nas dúas categorías , tanto masculina como femenina ,todos @s participantes demostraron o seu talento deportivo neste deporte e ata descubrimos algunha estrela futbolística .

    ResponderEliminar