mércores, 27 de xuño de 2018

.Análise dos hábitos de práctica de Actividade Física do noso alumnado de 8 a 17 anos curso 2017-18

   Dentro das actividades desenvolvidas no Proxecto Deportivo de Centro (PDC), durante o mes de xuño o alumnado de 8 a 17 anos, que cursa 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso centro, cubriu un cuestionario que se lles pasou co obxectivo de coñecer os seus hábitos de consumo de actividade física e deportiva (AF) e de sedentarismo.  
  Seguimos a estar moi orgullosos dos datos que nos amosa o cuestionario, que nos confirman que o PDC vai nunha moi boa dirección e que nos garantiza que o obxectivo principal do mesmo, aumentar o número de horas semanais de práctica do noso alumnado está acadado moi amplamente. As conclusións máis salientables son as seguintes:
  • O estilo de vida do noso alumnado de 8 a 17 anos en relación coa AF segue sendo moi positivo, polo número de horas semanais de práctica, pasando de 11,64 horas de media, sen contar as clases de EF, do curso pasado a 12,54 horas semanais neste curso. As medias das chicas atópanse en 10,95 horas e as dos chicos en 13,69 horas semanais, superando en ámbolos dous casos amplamente as recomendacións da OMS para o seu grupo de idade -7 horas á semana-. Concretamos agora estos datos, tendo en conta que as dúas horas de EF obrigatorias semanais non están incluídas nestes datos:
  1. O 75,64% do alumnado fai un mínimo de seis horas semanais de AF, subindo esta porcentaxe nun 6,64% con respecto ao curso pasado.
  2. O 59% do alumnado realiza un mínimo de oito horas semanais de AF, e o 53.73% realiza máis de 10 horas semanais.
  3. Os nosos nenos son moi activos, pois o 66% deles practican como mínimo 8 horas semanais e o 9% realizan de 6 a 8 horas.
  4. No caso das nenas, o 65% realiza un mínimo de 6 horas semanais de práctica, o cal é un dato moi positivo de adhesión á AF.
  • O 67% do alumnado recoñece que este curso realizou máis AF fóra do centro e o 80% realizou máis AF no centro, porcentaxes moi similares ás do curso pasado.
  • A media de días semanais de práctica de AF 
  • A media de días semanais de práctica de AF durante un mínimo de 30 minutos -sen contar os días de EF-, é de 6,43 días; por sexos, indicar que as nenas practican actividade física 6,22 días á semana e os nenos 6,72 días á semana, mantendo unas porcentaxes similares ás do curso pasado.
  • Ao 100% do noso alumnado gústalle a actividade físico-deportiva. Este dato relaciónase directamente coa importancia de aplicar o PDC.
  • O 98,5% do alumnado califícase como suficientemente activo/a, activo/a ou moi activo/a.

Ningún comentario:

Publicar un comentario