domingo, 10 de maio de 2020

3º A 6º PRIMARIA - XOGOS TRADICIONAIS, AUTÓCTONOS E POPULARES

Agora vamos a comenzar a traballar cos xogos tradicionais, autóctonos e populares máis coñecidos. Recordade que xogo tradicional é o que se transmite de xeración en xeración (de avós a pais, de pais a netos ...) , xogos autóctonos serían os creados por algunha persoa do lugar onde se vive (neste caso os creados por persoas que viven de Galicia) e xogos populares son os que son moi coñecidos por moita xente ou os que están a ser xogados por moita xente nun momento determinado.
Moitas veces un xogo pode ser a vez tradicional, popular e incluso autóctono (aínda que saber onde se orixinou un xogo moitas veces non é tan doado).
Pero o importante para vós é xogar . Vamos a intentar xogar ao maior número destes xogos nas próximas semanas.


Un xogo tradicional e popular é o das chapas. Non podemos dicir que é autóctono de Galicia porque se xoga en moitos lugares do mundo e non se sabe onde foi a primeira vez que se xogou. Sábese que as primeiras chapas apareceron en Estados Unidos pero non onde foi o primeiro lugar onde se xogou a este xogo. 


Para os que boten de menos o fútbol poden xogar a esta variante do mesmo con chapas. É moi divertido pero, como todo hai que practicar para xogar ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario