martes, 9 de xuño de 2015

RECREO, DIVERSIÓN ASEGURADA


A educación física está en todos os sitios, en todas as situacións… Cando corremos, cando xogamos, etc. Todos sabemos que hai clases de E.F. , pero nós facémola fóra desas clases a miúdo. 
Do que imos falar vai ser dos xogos que alumnos e alumnas de E.S.O. e Primaria practicamos a diario nos recreos, que se nos fan demasiado curtos:
Primeiro está o escondite. Todo o mundo o coñece e está canso de xogar a el. Neste xogo practicamos velocidade e tamén habilidade. Xa levamos algunhas caídas, pero vale a pena mellorar a túa rapidez e a túa destreza. 
Logo está o brilé, tamén moi coñecido. Aquí, o que máis se practica é a cooperación, ademais do tiro co balón. Lévanse algúns pequenos golpes, pero a habilidade de lanzamento equilibra a balanza.
Despois está a pilla e a cadea. Neste xogo, cando pillas a alguén ten que ir contigo da man e así sucesivamente. Practícase cooperación, velocidade e sobre todo, coordinación. Os que pillan teñen que ir para o mesmo lado, decidir a por quén van e non romper a súa cadea. 
Por último, están a bomba e sangue. Na bomba unha persoa conta no medio e vai avisando canto queda para que explote a bomba. Mentres tanto, os outros xogadores forman un círculo arredor e van pasando a pelota. Cando a persoa do medio diga “ BOMBA”, a persoa que teña a pelota na man tense que sentar e así ata que quede o gañador, que terá que ir saltando as persoas sentadas para darlle o balón ao seu contrincante. En sangue, unha persoa tira un balón ao aire dicindo o nome doutro xogador, que terá que coller a pelota o máis rápido posible mentres os outros escapan correndo. Cando colla o balón, dirá “ SANGUE” e os demáis xogadores terán que quedar quietos no sitio sen alonxarse. O xogador do balón terá que dar tres pasos para lanzarlle o balón a un xogador. Se lle dá, ese xogador quedará eliminado, e se non lle dá, perderá el. En ambos xogos practícase velocidade e axilidade co balón, destrezas moi importantes para a educación física. 
Estes son os principais xogos que practicamos nos recreos. Espero que vos animedes  a xogar e que vos divirtades moito. 
1º E.S.O.

xoves, 21 de maio de 2015

VENCEDORES II CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE FRADES

Aquí tedes as vencedoras os vencedores da II CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE FRADES. Este ano moitos dos gañadores e gañadoras foron alumnos e alumnas do noso centro. E algúns son antigos alumnos que seguen practicando deporte para estar en forma.

- Natalia Argibay Domínguez que quedou 3ª na categoría prebenxamín feminino.
- Enma Argibay Domínguez que quedou 3ª na categoría alevín feminino.
- Carlos Gómez Taboada que quedou 2º na categoría cadete masculino.
- Lorena García Álvarez que quedou 3ª na categoría cadete feminino.
- Andrea López García que quedou 2ª na categoría xuvenil feminino.
- Maite Gómez García que quedou 3ª na categoría xuvenil feminino.


E David Souto Sanjurjo antigo alumno que quedou 3º na categoría júnior e Adrián Garabato Lagares tamén antigo alumno que quedou de 2º na categoría promesa.

sábado, 9 de maio de 2015

Recreos de brilé

Aos nosos alumnos de 6º EP gústalles moito xogar ao brilé e todas as semanas adican un día, voluntariamente, a este deporte. Así que, chegou a hora de amosarvos que ben o pasan!!

mércores, 6 de maio de 2015

Deportes ESO 3ª Avaliación: Atletismo, baloncesto e rugby.

Durante os meses de abril e maio, nos recreos de ESO, organizáronse os deportes de atletismo e baloncesto. A vindeira semana comezaremos con rugby. Aproveitando este feito, deixámosvos o enlace a unha nova desta fin de semana sobre o RUGBY FEMININO GALEGO:


domingo, 3 de maio de 2015

xoves, 16 de abril de 2015




Xa está aquí a II CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO CONCELLO DE FRADES. Animámosvos a que volvades a participar outra vez como no ano anterior nesta gran festa do deporte. Recordando sempre que o máis importante é participar.


Dende o Departamento de Educación Física do centro estamos axudando para que todos e todas participedes nesta festa do deporte. Esperamos vervos alí para gozar dunha experiencia inesquecible.

mércores, 4 de febreiro de 2015