domingo, 17 de abril de 2016

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

Grazas a ENMA puidemos participar este ano en Ferrol na fase provincial. Aínda que non conseguimos clasificarnos para a fase seguinte, debido a un moi mal estado do percorrido da carreira e a unha desafortunada caída nada máis comezar a carreira, Enma deixou o noso colexio no máis alto dos escalos en canto a esforzo e constancia. Non deixou de correr ata o final conseguindo unha marca incrible despois de caer nun campo nada apropiado para a celebración deste tipo de actividades escolares. Esperemos que nun futuro este tipo de lugares se escollan mellor para impedir este tipo de caídas que nada teñen que ver co esforzo dos adestramentos e da xente que organiza, colabora ou participa neste tipo de actividades. Grazas Enma pola túa valentía e esforzo e grazas a todos por participar nas anteriores fases.

domingo, 10 de abril de 2016

Fútbol feminino e masculino

Bueno... Rematada a segunda avaliación temos que dar as grazas a todos os participantes desta actividade escolar. Este deporte foi moi solicitado polos alumnos do centro, de ambos sexos, participando a maioría do alumnado de Secundaria. Levouse a cabo como estaba previsto e realizouse na súa totalidade, tendo no sexo masculino 4 equipos e no feminino 3. A competicion estivo moi igualada e foi moi emocionante.

Fixemos a entrega dos premios da participación xunto cos de bádminton e aquí aparecen unhas fotos deste acto.

Yago B. e Nico


martes, 1 de marzo de 2016

PEQUE OLIMPIADAS

Os pequenos de infantil realizaron as súas particulares "Peque-Olimpiadas" nas que practicaron deportes como: salto, carreira, marcha, obstáculos, salto de altura, lanzamento de martelo e xabalina, paralelas e ximnasia rítimica con cinta.

mércores, 10 de febreiro de 2016

Xogos Olímpicos Ponte 2016

E aquí un resumo da nosa xornada olímpica. Primeiro unhas fotos e logo un pequeno vídeo.


Inauguración dos Xogos Olímpicos Ponte 2016

Xornada de inauguración dos nosos xogos Olímpicos, con encendido da chama olímpica coa antorcha portada por Don Antonio.





E se queredes velo en vídeo:


ENTROIDO OLÍMPICO PONTE 2016

O Entroido 2016 no cole foi un Entroido Olímpico para conmemorar a próxima celebración dos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro.



XOGOS OLÍMPICOS PONTE 2016. Contamos con varias disciplinas e deportes: Judo, Piragüismo, Equitación, Esgrima, Tenis, Atletismo (martillo, disco, maratón), Ximnasia artística (barra, salto, suelo), Ximnasia rítmica, Natación sincronizada, fútbol,... coa participación de varias delegacións: España. Nigeria, Tailandia, Ucrania, EE.UU.,  Brasil,...

Ata tivemos mascotas olímpicas!!!


E dado que toda Olimpíada comeza do traslado da antorcha-chama olímpica dende Olímpia ata a sede dos xogos olímpicos, esta chegou ao colexio o pasado 22 de xaneiro para ila pasando de aula en aula ata o encendido do pebeteiro o 5 de febreiro. Así foi o seu recibimento por parte dos mestres de educación física:




E así foi o paseo da antorcha polas diferentes aulas ata ser portada polo encargado de acender o pebeterio e inaugurar os xogos: Don Antonio....


 

mércores, 3 de febreiro de 2016

FASE ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS

Como podemos ver nas fotos foi un día moi especial onde coñecemos un montón de compañeiros e compañeiras doutros colexios. O nivel era moi alto e Enma foi a única que pasou á seguinte fase. Aínda así, a experiencia foi moi boa e esperamos repetila nos vindeiros anos. Moitas grazas a todos/as por participar!!!