domingo, 11 de decembro de 2016

CARREIRA SOLIDARIA 2016-2017

O día 30 de novembro todos participamos na carreira solidaria a favor da ONG Save the Children!!! Parabéns e moitas gracias a todos os participantes nesta carreira tan especial!!!
Outro ano máis participamos na XIII carreira solidaria para recadar cartos para axudar a ONG SAVE THE CHILDREN. Moitas grazas a todos por participar e por contribuír a axudar aos nenos e nenas tan necesitados do mundo.

(clika na imaxe e verás moitas, moitas fotiños)

domingo, 27 de novembro de 2016

MAGOSTO


Outro ano máis de festa celebrando o magosto no colexio. Fixemos un montón de xogos no que o pasamos realmente ben. Pequenos e maiores gozamos dun día de risas e diversións. Que cortiño se nos fixo este día.










Pasámolo xenial!!


domingo, 13 de novembro de 2016

Día do Peón 2016

O día 11 de novembro conmemoramos o día do peón e pasámolo en grande xogando a este xogo tradicional!!! Comprobádeo desfrutando coa seguinte reportaxe!!! 

mércores, 26 de outubro de 2016

Comezando o proxecto do horto

         Durante este curso participaremos nun proxecto sobre a temática da agricultura ecolóxica. Así comezamos...



martes, 27 de setembro de 2016

SOMOS UN CENTRO ACTIVO E SAUDABLE!!!

Ola a todos!!!

Comezamos xuntos un novo curso escolar coa ilusión de continuar ofrecéndovos unha grande diversidade de actividades físicas e deportivas adaptadas para todas as idades; desde os máis pequenos do cole aos que damos a benvida ata os nosos maiores de 4º ESO que están desexando organizar para os seus compañeiros moitas actividades físicas e deportivas.

O pasado mes de xuño publicamos os resultados das vosas positivas valoracións  das actividades que realizamos no noso proxecto deportivo e pensamos que é importante que sigades participando nalgunha actividade extraescolar relacionada coa actividade física e deportiva e realizando tanta actividade física como ata agora!!!

Animádevos a inscribirvos en actividades organizadas pola ANPA ou polo Concello de Frades!!!

En tódolos tempos de lecer teredes materiais deportivos á vosa disposición para estar xogando sen parar!!!

En Secundaria todos veñen con moitísimas forzas e enerxías para participar nas actividades deportivas organizadas nos recreos polos alumnos de 4º ESO!!!

Para rematar, informarvos de que este ano seguiremos a participar dentro do Plan Proxecta, no programa DAFIS, co obxectivo principal de utilizar uns protocolos estandarizados de valoración da condición física saudable para medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado científicamente que gardan relación coa saúde. Asemade, nos permitirá coñecer en qué estado físico se atopa a persoa para decidir cales son os aspectos que precisan mellorar e cales non. Tamén seguiremos competindo en XOGADE na modalidade de campo a través. Este ano a fase local realizarémola en  Présaras a principios do mes de decembro.

Como novidade, este curso plantemos o noso propio HORTO, o cal unido ao programa Aliméntate ben, que xa viña desenvolvéndose no centro desde hai uns anos, nos permitirá profundizar no tema da alimentación saudable!!!

mércores, 29 de xuño de 2016

Valoración do PDC e DAFIS polo alumnado

Durante os catro últimos cursos no CPI Ponte Carreira estamos a participar no Plan Proxecta, iniciando este ano o programa DAFIS (valoración da condición física saudable), actividade que se inclúe no noso Proxecto Deportivo de Centro (PDC), no que participaron activamente 5 membros do profesorado e coa participación de todo o alumnado (especialmente o de 4º ESO colaborando na organización). Para poder desenvolver con éxito as actividades incluídas no PDC, contamos coa inestimable cooperación dunha altísima porcentaxe de profesorado e persoal de administración e servizos. Salientar tamén que un ano máis temos participado en Xogade na modalidade de campo a través.  
         O alumnado de 9 a 17 anos, que cursa 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso CPI, cubriu un cuestionario que se lle pasou co obxectivo de valorar o grao de satisfacción coas actividades desenvolvidas dentro do PDC.

        A valoración das actividades resulta ser positiva, sendo a valoración “Pouco” moi minoritaria. 

        Pincha na seguinte foto e atoparás un documento con gráficos dos resultados obtidos:



MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!!

BO VERÁN E PRACTICADE MOITA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA!!!!!!!

mércores, 1 de xuño de 2016

Mapa dos recursos deportivos do concello de Frades:

Aquí vos deixo unha foto do mapa do concello de Frades coa información sobre os recursos deportivos dos que dispoñemos os habitantes do concello. En cada parroquia encontraredes o nome das instalacións que hai, cos materiais de que dispoñen cada unha.

Por último quero agradecer a todos os rapaces que me axudaron a realizar o inventario do material das instalacións que a min non me quedaban cerca, eles foron quen mo dixeron para poder realizar o traballo, Estes son: Lucía (Frades), Nicolás (Gafoi), Rita (Ledoira), Andrea López (Papucín), Marta (Moar), Samuel (Abellá), Yago Botana (Añá), Sara (Mesos e Galegos) e Vitre e Céltigos consulteino eu mesmo. 

ASÍ XA NON TEDES EXCUSA PARA NON PRACTICAR DEPORTE!!!

Diego Bodelo López.

PINCHADE NO MAPA E PODEREDES VELO MÁIS GRANDE!!!