mércores, 26 de outubro de 2016

Comezando o proxecto do horto

         Durante este curso participaremos nun proxecto sobre a temática da agricultura ecolóxica. Así comezamos...



martes, 27 de setembro de 2016

SOMOS UN CENTRO ACTIVO E SAUDABLE!!!

Ola a todos!!!

Comezamos xuntos un novo curso escolar coa ilusión de continuar ofrecéndovos unha grande diversidade de actividades físicas e deportivas adaptadas para todas as idades; desde os máis pequenos do cole aos que damos a benvida ata os nosos maiores de 4º ESO que están desexando organizar para os seus compañeiros moitas actividades físicas e deportivas.

O pasado mes de xuño publicamos os resultados das vosas positivas valoracións  das actividades que realizamos no noso proxecto deportivo e pensamos que é importante que sigades participando nalgunha actividade extraescolar relacionada coa actividade física e deportiva e realizando tanta actividade física como ata agora!!!

Animádevos a inscribirvos en actividades organizadas pola ANPA ou polo Concello de Frades!!!

En tódolos tempos de lecer teredes materiais deportivos á vosa disposición para estar xogando sen parar!!!

En Secundaria todos veñen con moitísimas forzas e enerxías para participar nas actividades deportivas organizadas nos recreos polos alumnos de 4º ESO!!!

Para rematar, informarvos de que este ano seguiremos a participar dentro do Plan Proxecta, no programa DAFIS, co obxectivo principal de utilizar uns protocolos estandarizados de valoración da condición física saudable para medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado científicamente que gardan relación coa saúde. Asemade, nos permitirá coñecer en qué estado físico se atopa a persoa para decidir cales son os aspectos que precisan mellorar e cales non. Tamén seguiremos competindo en XOGADE na modalidade de campo a través. Este ano a fase local realizarémola en  Présaras a principios do mes de decembro.

Como novidade, este curso plantemos o noso propio HORTO, o cal unido ao programa Aliméntate ben, que xa viña desenvolvéndose no centro desde hai uns anos, nos permitirá profundizar no tema da alimentación saudable!!!

mércores, 29 de xuño de 2016

Valoración do PDC e DAFIS polo alumnado

Durante os catro últimos cursos no CPI Ponte Carreira estamos a participar no Plan Proxecta, iniciando este ano o programa DAFIS (valoración da condición física saudable), actividade que se inclúe no noso Proxecto Deportivo de Centro (PDC), no que participaron activamente 5 membros do profesorado e coa participación de todo o alumnado (especialmente o de 4º ESO colaborando na organización). Para poder desenvolver con éxito as actividades incluídas no PDC, contamos coa inestimable cooperación dunha altísima porcentaxe de profesorado e persoal de administración e servizos. Salientar tamén que un ano máis temos participado en Xogade na modalidade de campo a través.  
         O alumnado de 9 a 17 anos, que cursa 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso CPI, cubriu un cuestionario que se lle pasou co obxectivo de valorar o grao de satisfacción coas actividades desenvolvidas dentro do PDC.

        A valoración das actividades resulta ser positiva, sendo a valoración “Pouco” moi minoritaria. 

        Pincha na seguinte foto e atoparás un documento con gráficos dos resultados obtidos:



MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!!

BO VERÁN E PRACTICADE MOITA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA!!!!!!!

mércores, 1 de xuño de 2016

Mapa dos recursos deportivos do concello de Frades:

Aquí vos deixo unha foto do mapa do concello de Frades coa información sobre os recursos deportivos dos que dispoñemos os habitantes do concello. En cada parroquia encontraredes o nome das instalacións que hai, cos materiais de que dispoñen cada unha.

Por último quero agradecer a todos os rapaces que me axudaron a realizar o inventario do material das instalacións que a min non me quedaban cerca, eles foron quen mo dixeron para poder realizar o traballo, Estes son: Lucía (Frades), Nicolás (Gafoi), Rita (Ledoira), Andrea López (Papucín), Marta (Moar), Samuel (Abellá), Yago Botana (Añá), Sara (Mesos e Galegos) e Vitre e Céltigos consulteino eu mesmo. 

ASÍ XA NON TEDES EXCUSA PARA NON PRACTICAR DEPORTE!!!

Diego Bodelo López.

PINCHADE NO MAPA E PODEREDES VELO MÁIS GRANDE!!!


mércores, 18 de maio de 2016

FLOORBALL 2016

Este ano poñemos en práctica un novo deporte, o floorball, e ten unha grande participación, contando con 34 xogadores, de toda a ESO e profesores. Faremos un total de cinco xornadas e formamos 6 equipos. Os participantes xogan con moito entusiasmo e aqueles que non se apuntaron este ano desexan facelo para o vindeiro ano.

Queremos facer unha mención especial a Diego, que pola súa lesión non pode participar, mais colabora coa organización con ímpetu.

Os organizadores queremos agradecervos a participación neste deporte!!!

Joel e Yago V.

A continuación, amosámosvos unhas fotos dun partido:


Baloncesto 15/16

Este ano o baloncesto conseguiu unha gran aceptación no noso centro, chegando a contar con 20 participantes do alumnado e 3 do profesorado.

Logramos crear catro franquicias, compostas todas de seis xogadores agás unha.

O calendario repartiuse en tres xornadas, e estivo ben xestionado, pois acabamos sen ningún xogador expulsado por non traer a roupa que require o deporte.

Os participantes estan agradecidos de que lles brindasemos esta oportunidade para coñecer un deporte ao que moitos dos xogadores lles resultaba indiferente, pero que acabou gustándolles e disfrutárono ao máximo, ao mesmo tempo que descubrían o seu regulamento.

Joel e Yago V.

A clasificación final foi a seguinte:


luns, 16 de maio de 2016

DATOS DE DAFIS DO NOSO ALUMNADO DE 8 A 15 ANOS

Este curso participamos por vez primeira en DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable), enmarcado no Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Este programa aparece para facilitarnos aos profesores a valoración da condición física dos nosos alumnos e no noso CPI estamos a desenvolvelo dentro do Plan Proxecta. Os protocolos de valoración pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado científicamente que gardan relación coa saúde (forza, resistencia, flexibilidade, axilidade-velocidade) e permite coñecer en qué estado físico se atopa un alumno para decidir cales son os aspectos que necesitan melloras e cales non. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguemento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades.

A continuación publicamos un documento no que aparecen os resultados por idade e sexo en cada unha das probas físicas e no IMC. As cores verdes indican que os valores se corresponden cunha condición física saudable e as cores vermellas nos avisan que debemos mellorar nesas cualidades físicas. En cada unha das probas podemos comparar tamén os resultados coa mediana en Galicia.

Como fixemos a edición desde un documento PDF a Word, aparece algún fallo de formato que non puidemos solucionar. Ademais, queremos indicar aquí que na táboa de 11 anos non hai ningún resultado masculino nin na de 15 anos ningún feminino, polo que as cores existentes non equivalen a ningún valor nas probas.

En xeral, estamos contentos cos resultados obtidos polo noso alumnado e animámosvos a seguir practicando moita actividade física e deportiva para manternos nesta liña ou mellorar para o vindeiro ano!!!