luns, 29 de outubro de 2018
venres, 12 de outubro de 2018
Xogamos a coñecer os alimentos.
Os máis pequenos de primaria estamos a xogar a identificar e diferenciar entre os alimentos máis sans ,que podemos comer todos os días (froitas, verduras, pescados, hortalizas,...) e os que debemos comer con máis moderación para que non nos afecten negativamente na saúde (dulces, gominolas, xeados, marisco,....)
mércores, 27 de xuño de 2018
.Análise dos hábitos de práctica de Actividade Física do noso alumnado de 8 a 17 anos curso 2017-18
Dentro
das actividades desenvolvidas no Proxecto Deportivo de Centro (PDC),
durante o mes de xuño o alumnado de 8 a 17 anos, que cursa 3º, 4º,
5º e 6º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso
centro, cubriu un cuestionario que se lles pasou co obxectivo de
coñecer os seus hábitos
de consumo de actividade física e deportiva (AF) e de sedentarismo.
Seguimos
a estar moi
orgullosos dos datos que nos amosa o cuestionario, que nos confirman
que o
PDC vai nunha moi boa dirección e
que nos garantiza que o
obxectivo principal do
mesmo, aumentar
o número de horas semanais de práctica do noso alumnado está
acadado moi amplamente. As
conclusións máis salientables son as seguintes:
-
O estilo de vida do noso alumnado de 8 a 17 anos en relación coa AF segue sendo moi positivo, polo número de horas semanais de práctica, pasando de 11,64 horas de media, sen contar as clases de EF, do curso pasado a 12,54 horas semanais neste curso. As medias das chicas atópanse en 10,95 horas e as dos chicos en 13,69 horas semanais, superando en ámbolos dous casos amplamente as recomendacións da OMS para o seu grupo de idade -7 horas á semana-. Concretamos agora estos datos, tendo en conta que as dúas horas de EF obrigatorias semanais non están incluídas nestes datos:
- O 75,64% do alumnado fai un mínimo de seis horas semanais de AF, subindo esta porcentaxe nun 6,64% con respecto ao curso pasado.
-
O 59% do alumnado realiza un mínimo de oito horas semanais de AF, e o 53.73% realiza máis de 10 horas semanais.
-
Os nosos nenos son moi activos, pois o 66% deles practican como mínimo 8 horas semanais e o 9% realizan de 6 a 8 horas.
-
No caso das nenas, o 65% realiza un mínimo de 6 horas semanais de práctica, o cal é un dato moi positivo de adhesión á AF.
-
O 67% do alumnado recoñece que este curso realizou máis AF fóra do centro e o 80% realizou máis AF no centro, porcentaxes moi similares ás do curso pasado.
-
A media de días semanais de práctica de AF
-
A media de días semanais de práctica de AF durante un mínimo de 30 minutos -sen contar os días de EF-, é de 6,43 días; por sexos, indicar que as nenas practican actividade física 6,22 días á semana e os nenos 6,72 días á semana, mantendo unas porcentaxes similares ás do curso pasado.
-
Ao 100% do noso alumnado gústalle a actividade físico-deportiva. Este dato relaciónase directamente coa importancia de aplicar o PDC.
-
O 98,5% do alumnado califícase como suficientemente activo/a, activo/a ou moi activo/a.
domingo, 13 de maio de 2018
V CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE FRADES
venres, 20 de abril de 2018
V CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO CONCELLO DE FRADES 2018
Xa temos aquí a V CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO CONCELLO DE FRADES. Animamos a todo o alumnado do centro para que participen nun día de deporte e de festa. Como en anos anteriores o colexio colaborará na inscripción do alumnado. Ata o 10 -5-18 hai tempo pero non o deixes para o último día.
mércores, 18 de abril de 2018
DEPORTES ESO
Como o ano anterior seguimos xogando nos recreos a diferentes deportes organizados polos nenos e polos profesores de secundaria.

domingo, 18 de febreiro de 2018
CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS PRAIO CABÍO (A POBRA DO CARAMIÑAL)
Un día máis a nosa campeona Enma deixounos abraiados coa súa capacidade de superación e esforzo participando, no campionato galego de campo a tráves na Pobra do Caramiñal, sen estar ao 100 %. Gracias Enma, polo exemplo de deportista que nos das a todos !!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















