venres, 19 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - DESPEDIDA

E chegou o fin de curso e dunha maneira moi distinta a que todos nos imaxinamos. Espero que vos gustasen as propostas e actividades que vos propuxen durante estes días. 

Para que non vos colla por sorpresa dicirvos tamén que para o ano xa non vou estar con vós. Comezo outra etapa da miña vida noutro centro e espero que sexa tan apasionante como foron estes catorce anos con vós. Paseino moi ben e oxalá levedes un bo recordo do meu paso polas vosas vidas. Unha aperta moi grande e a pasar un bo verán.

domingo, 14 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - MELLORES MOMENTOS DEPORTE ESPAÑOL

Para que nos quede un bo recordo do que é o deporte vamos a ver un vídeo no que podemos ver moitos dos mellores momentos do deporte español dos últimos anos. Animádevos a facer deporte. Tedes moitas formas de practicalo. De vós depende elixir a que máis vos guste para pasalo ben.!!

PINCHA AQUÍ

INFANTIL E PRIMARIA - FUTUROS DEPORTISTAS GALEGOS

Para que vos animedes a practicar deporte vamos a ver un vídeo de futuras promesas galegas do deporte. Nel poderedes ver como calquera de vós pode chegar ao máis alto no mundo do deporte con traballo e constancia. Espero que vos guste.

PINCHA AQUÍ

MEDALLAS XOGOS OLÍMPICOS 2016

E para que vexades algúns dos éxitos aos que poden chegar estes atletas nun futuro, un pequeno exemplo das medallas conseguidas nos últimos xogos olímpicos de Río do ano 2016.

PINCHA AQUÍ

INFANTIL E PRIMARIA - RETO FAMILIAR

Para este reto tedes que participar o maior número de persoas da casa. Consiste tal é como se ve no vídeo en intentar poñerse todos de pé agarrados a mesma corda. Espero que vos guste. Se queredes podedes mandarmo a jclr@edu.xunta.es

PINCHA AQUÍ

sábado, 13 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - BAILE DE DESPEDIDA

Xa só nos queda esta semana para terminar o curso. Vamos a facer actividades para despedir o curso da mellor forma posible. Agora toca bailar. Espero que vos guste!!

PINCHA AQUÍ

venres, 12 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - RETO SEMANAL


RETO SEMANAL 11
    
    MATERIAIS:
                O QUE SE PRECISE PARA O XOGO ELEXIDO

                ELABORACIÓN:
                A QUE SE PRECISE PARA O XOGO ELEXIDO

                COMO XOGAR:
                ESTA VEZ O RETO VAI CONSISTIR EN GRAVARSE REALIZANDO UN DOS XOGOS QUE VOS PROPUXEN DURANTE ESTAS SEMANAS. O QUE VÓS QUEIRADES. CON GRAVAR UNS SEGUNDOS XOGANDO AO XOGO XA ME CHEGA.

  
COMO SEMPRE MANDÁDEME OS VÍDEOS DOS VOSOS RETOS A ESTA DIRECCIÓN


                                                               jclr@edu.xunta.es                  



xoves, 11 de xuño de 2020

INFANTIL E PRIMARIA - REPASO XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

Para facer un repaso dos principais e máis coñecidos xogos que vimos ata agora vamos a ver un vídeo da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. 

PINCHA QUÍ