xoves, 21 de marzo de 2013

Comezamos a carreira de relevos...

Ola a todos!!!

Con moitísima ilusión, no día de hoxe botamos a andar este blogue sobre as actividades físicas e deportivas que se realizan no noso centro!!!

Desde algunhas das actuacións máis salientables dos alumnos nas clases de Educación Física (EF) ata as actividades que realizamos nos recreos, pasando polos méritos deportivos tanto do alumnado como do profesorado e, como non, tódalas novas que se consideren de interese.

Todos participaremos nunha carreira de relevos para desenvolver este blogue: agardamos as vosas contribucións para ir medrando pouco a pouco e animámosvos a que participedes activamente nel por medio dos comentarios e mandando novas para a súa publicación á seguinte dirección: efpontecarreira@gmail.com

Moitas grazas por anticipado e benvidos!!!


1 comentario:

  1. A min persoalmente non me gustan os relevos, pero sí aprender cousas novas, a si que vamos a intentalo facer o mellor posible.

    ResponderEliminar