martes, 25 de novembro de 2014

Carreira Solidaria 2014

Para conmemorar o día Internacional dos dereitos do Neno, o 20 de Novembro de 2014, celebramos a Carreira Kilómetros de Solidariedade polos nenos e nenas de MALÍ. A totalidade do alumnado e do profesorado do centro participou nesta actividade. A continuación tendes unha galería de fotos sobre a actividade.

martes, 18 de novembro de 2014

Badminton 1ª avaliación

Como cada ano, aos alumnos de cuarto da ESO tocounos organizar diversos deportes durante os recreos co fin de pasalo ben e animar a realizar deporte tanto aos alumnos como ao profesorado. Ao principio atopamos contratempos como por exemplo faltas de asistencia ou desorganización...pero finalmente resultou un éxito. Como organizadores de bádminton queremos agradecerlle a os trinta e dous participantes e a profesora de ed.física que fixeron posible levar a cabo ata o fin este deporte. Tamén queremos darlle as gracias as persoas que durante dita actividade axudaron a colocación do material e a arbitraxe dos partidos. Andrea,Tania e Nicolás

mércores, 12 de novembro de 2014

Xogos populares no Magosto 2014

O día 7 de novembro celebramos o Magosto no centro!!! Aquí vos deixamos unhas imaxes dos xogos populares que organizamos e cos que o pasamos XENIAL!!!

luns, 22 de setembro de 2014

Outro ano máis do Proxecto Deportivo do noso Centro!!!

Ola a todos!!!!

Comezamos xuntos un novo curso escolar coa ilusión de continuar ofrecéndovos unha grande diversidade de actividades físicas e deportivas adaptadas para todas as idades; desde os máis pequenos do cole aos que damos a benvida ata os nosos maiores de 4º ESO que están desexando organizar para os seus compañeiros moitas actividades físicas e deportivas.

Este ano plantexámosnos o grande obxectivo de tratar de que todo o alumnado desde 5º de Primaria ata 4º ESO participe nalgunha actividade extraescolar relacionada coa actividade física e deportiva. Deste xeito aumentaranse as horas de práctica semanal de actividade física deste grupo de idade. E o resto do alumnado de Primaria e Infantil que siga realizando tanta actividade como ata agora!!!

Animádevos a inscribirvos en actividades organizadas pola ANPA ou polo Concello de Frades!!!

En tódolos tempos de lecer teredes materiais deportivos á vosa disposición para estar xogando sen parar!!!

En Secundaria todos veñen con moitísimas forzas e enerxías para participar nas actividades deportivas organizadas nos recreos polos alumnos de 4º ESO!!!

xoves, 26 de xuño de 2014

Valoración do PDC e Xogade polo alumnado

     Durante os dous últimos cursos no CPI Ponte Carreira estamos a participar no Plan Proxecta, desenvolvendo un Proxecto Deportivo de Centro (PDC) coa implicación máis directa de 7 membros do profesorado e coa participación de todo o alumnado (especialmente o de 4º ESO colaborando na organización) e unha altísima porcentaxe de profesorado e persoal de administración e servizos, así como participando en Xogade na modalidade de campo a través.

       O alumnado de 9 a 17 anos, que cursa 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso CPI, cubriu un cuestionario que se lle pasou co obxectivo de valorar o grao de satisfacción coas actividades desenvolvidas dentro do PDC.

             A nota media que lle dan ás actividades organizadas polo centro no PDC e en XOGADE é de 8,1.

          A valoración das actividades resulta ser moi positiva e en case tódolos ítems a valoración “Moito” supera a “Normal”, sendo a valoración “Pouco” moi minoritaria. As actividades peor valoradas (23% e 17% de respostas negativas) son respectivamente os adestramentos e competición de campo a través. 

            Pincha na seguinte foto e atoparás un documento con gráficos dos resultados obtidos:



MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!!

ESTAMOS ANIMADÍSIMOS PARA SEGUIR CON ESTE PROXECTO O CURSO QUE VÉN!!!!!

BO VERÁN E PRACTICADE MOITA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA!!!!!!!

Análise dos hábitos de Práctica de Actividade Física do noso alumnado de 9 a 17 anos

          Dentro das actividades desenvolvidas dentro do Proxecto Deportivo de Centro (PDC), durante o mes de xuño o alumnado de 9 a 17 anos, que cursa 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso centro, cubriu un cuestionario que se lles pasou co obxectivo de coñecer os seus hábitos de consumo de actividade física e deportiva (AF) e de sedentarismo.

As conclusións máis salientables son as seguintes:

  • O noso alumnado realiza unha media de 7,71 horas semanais de práctica de AF, sen contabilizar as horas de Educación Física e está dentro das recomendacións da OMS para o seu grupo de idade.
  • Máis da metade d@s alumn@s (53%) realizan como mínimo 7 horas semanais de práctica de AF.
  • Os nosos nenos son moi activos, pois o 70% deles practican como mínimo 7 horas semanais e o 27% realizan de 3 a 6 horas.
  • No caso das nenas, o 75% realiza como mínimo 3 horas semanais de práctica, o cal é un dato positivo de adhesión á AF, aínda que o noso obxectivo para o curso próximo será aumentar a cantidade de nenas que realicen un mínimo de 7 horas semanais de práctica (34% este ano).
  • A media de horas semanais de práctica de sen ser en club é bastante similar entre os dous sexos; mais cando se refire ás actividades físico-deportivas realizadas nun club ou colectivo os homes superan en dúas horas de media ás mulleres. Reducir esta cifra tamén será un obxectivo cara o ano que vén.
  • Ao 95% do noso alumnado gústalle a actividade físico-deportiva.
  • O 88% do alumnado practicou máis AF no centro (sen contar EF). Este dato relaciónase directamente coa importancia de aplicar o PDC.
  • O 89% do alumnado califícase como suficientemente activo/a, activo/a ou moi activo/a.
               Pinchando na seguinte foto podedes acceder ao documento no cal se expoñen todos os datos extraídos do cuestionario dun xeito moito máis detallado:


ESTAMOS MOI CONTENT@S COS NOS@S DEPORTISTAS!!!!!! 


SEGUIDE ASÍ OU AÍNDA MELLOR!!!!!