luns, 9 de novembro de 2015

BADMINTON 2015

Este ano en bádminton contamos cun alto porcentaxe de alumnado inscrito, tan só catro alumnos non están apuntados neste deporte!!!
Grazas a tanta colaboración dos alumnos e profesores tivemos que dividir á xente en dous grupos para poder realizar mellor o deporte, xa que senón sería un caos. 
Xogaremos tres xornadas para coñecer aos alumnos con maior puntuación que pasarán a un grupo e os que menos para outro enfrontándose entre eles os do mesmo nivel dando un gañador en cada grupo.
Maite e Diego

domingo, 11 de outubro de 2015

Atletismo 2015

Éste ano, como todos os anteriores tocounos organizar aos de 4º da ESO os deportes que se praticarán durante todo o curso no horario do recreo.
Comezamos con atletismo que a 19 de outubro xa realizamos todas as probas nas que contamos cun total de 13 alumnos, pero que nos valen de moita axuda para organizar os elementos que son necesarios para poder realizar as probas.
Ateltismo está dividido en masculino e feminino no que ao finalizar todas as actividades serán premiados un alumno e unha alumna que obteñan a maior puntuación de todas as probas, así como o resto dos participantes.
Realizamos 1000 metros obstáculos, 100 metros lisos, 800 metros lisos, lanzamento de peso,  lanzamento de xabalina, salto de alura e salto de lonxitude dos que temos unhas imaxes dos rapaces concursando.
Xa remataron as probas e nos primeiros postos están, na categoria feminina Lucía (33 puntos), seguida por Carla (32 puntos) e Lorena (31 puntos); despois Alba 2º (28 puntos), Andrea (28 puntos), María (24 puntos) e por último, pero non menos importante Nerea (8 puntos); despois na categoria masculina o primeiro posto é para Yago Viqueira con 41 puntos, o segundo para Pablo Gómez (25 puntos), seguido por Nicolás (20 puntos), Carlos (19 puntos), Alberto (14 puntos) e Alex (11 puntos).
                                                                                                                                      
 Maite e Diego.

A continuación poderedes ver esas imaxes que vos comentamos antes. Moitas grazas e un saúdo a todos.

Atletismo 2015

xoves, 10 de setembro de 2015

Xogos de benvida.

Xa estamos aquí outra vez comezando o curso escolar. E de que mellor forma que xogando. Polo que se pode ver foi un día moi especial e divertido. Que ben o pasamos!!

mércores, 9 de setembro de 2015

Un ano máis de Proxecto Deportivo de Centro!!!

Ola a todos!!!

Comezamos xuntos un novo curso escolar coa ilusión de continuar ofrecéndovos unha grande diversidade de actividades físicas e deportivas adaptadas para todas as idades; desde os máis pequenos do cole aos que damos a benvida ata os nosos maiores de 4º ESO que están desexando organizar para os seus compañeiros moitas actividades físicas e deportivas.

O pasado mes de xuño publicamos os resultados dunha enquisa na que indicaba que o noso alumnado de 9 a 17 anos realiza unha media de 9,77 horas semanais de práctica de AF, sen contabilizar as horas de Educación Física. Queremos manter estos bos resultados e pensamos que é importante que sigades participando nalgunha actividade extraescolar relacionada coa actividade física e deportiva. E o resto do alumnado de 3 a 8 anos que siga realizando tanta actividade como ata agora!!!

Animádevos a inscribirvos en actividades organizadas pola ANPA ou polo Concello de Frades!!!

En tódolos tempos de lecer teredes materiais deportivos á vosa disposición para estar xogando sen parar!!!

En Secundaria todos veñen con moitísimas forzas e enerxías para participar nas actividades deportivas organizadas nos recreos polos alumnos de 4º ESO!!!

Para rematar, informarvos de que este ano seguiremos a participar no Plan Proxecta, nesta ocasión no programa DAFIS, co obxectivo principal de utilizar uns protocolos estandarizados de valoración da condición física saudable para medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado científicamente que gardan relación coa saúde. Asemade, nos permitirá coñecer en qué estado físico se atopa a persoa para decidir cales son os aspectos que precisan mellorar e cales non.

xoves, 25 de xuño de 2015

Análise dos hábitos de práctica de Actividade Física do noso alumnado de 9 a 17 anos

         Dentro das actividades desenvolvidas dentro do Proxecto Deportivo de Centro (PDC), durante o mes de xuño o alumnado de 9 a 17 anos, que cursa 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso centro, cubriu un cuestionario que se lles pasou co obxectivo de coñecer os seus hábitos de consumo de actividade física e deportiva (AF) e de sedentarismo.

Estamos moi orgullosos dos datos que nos amosa o cuestionario, que nos confirman que o PDC vai nunha moi boa dirección e que nos garantiza que o obxectivo principal do mesmo, aumentar o número de horas semanais de práctica do noso alumnado está acadado moi amplamente. As conclusións máis salientables son as seguintes:
  • O noso alumnado realiza unha media de 9,77 horas semanais de práctica de AF, sen contabilizar as horas de Educación Física e está 2,77 horas por encima das recomendacións da OMS para o seu grupo de idade. Esta media subiu 2,52 horas desde o pasado ano.
  • O 73% do alumnado realiza como mínimo 6 horas semanais de práctica de AF, producíndose un incremento do 20% desde o ano pasado.
  • Os nosos nenos son moi activos, pois o 71% deles practican como mínimo 6 horas semanais e o 16% realizan de 4 a 6 horas.
  • No caso das nenas, neste ano produciuse un incremento moi grande, pasando do 34% ao 76% a porcentaxe que realiza un mínimo de 6 horas semanais de práctica, o cal é un dato moi positivo de adhesión á AF.
  • A media de días semanais de práctica de AF pasou de 4,63 días do ano pasado a 6,18 días este ano  incrementándose en 1,55 días. Detallando este incremento por sexos, indicar que as nenas practican actividade física 6,17 días semanais (2,47 días máis que hai un ano); e os nenos 6,19 días semanais (0,79 días máis que o ano pasado).
  • media de horas semanais de práctica de AF sen ser en club é bastante similar entre os dous sexos; e cumpriuse o obxectivo de reducir as diferencias no referido ás actividades físico-deportivas realizadas nun club ou colectivo (en 0,73 horas).
  • Ao 98% do noso alumnado gústalle a actividade físico-deportiva.
  • 87% do alumnado practicou máis AF no centro (sen contar EF). Este dato relaciónase directamente coa importancia de aplicar o PDC.
  • O 93% do alumnado califícase como suficientemente activo/a, activo/a ou moi activo/a.
               Pinchando na seguinte foto podedes acceder ao documento no cal se expoñen todos os datos extraídos do cuestionario dun xeito moito máis detallado:




ESTAMOS MOI CONTENT@S COS NOS@S DEPORTISTAS!!!!!! 

SEGUIDE ASÍ!!!!!

Valoración do PDC polo alumnado

      Durante os tres últimos cursos no CPI Ponte Carreira estamos a participar no Plan Proxecta, desenvolvendo un Proxecto Deportivo de Centro (PDC) coa implicación máis directa de 7 membros do profesorado e coa participación de todo o alumnado (especialmente o de 4º ESO colaborando na organización) e unha altísima porcentaxe de profesorado e persoal de administración e servizos, así como participando en Xogade na modalidade de campo a través.

       O alumnado de 9 a 17 anos, que cursa 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO no noso CPI, cubriu un cuestionario que se lle pasou co obxectivo de valorar o grao de satisfacción coas actividades desenvolvidas dentro do PDC.

        valoración das actividades resulta ser moi positiva e en case tódolos ítems a valoración “Moito” supera a “Normal”, sendo a valoración “Pouco” moi minoritaria. 

            Pincha na seguinte foto e atoparás un documento con gráficos dos resultados obtidos:




MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!!

BO VERÁN E PRACTICADE MOITA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA!!!!!!!

martes, 9 de xuño de 2015

RECREO, DIVERSIÓN ASEGURADA


A educación física está en todos os sitios, en todas as situacións… Cando corremos, cando xogamos, etc. Todos sabemos que hai clases de E.F. , pero nós facémola fóra desas clases a miúdo. 
Do que imos falar vai ser dos xogos que alumnos e alumnas de E.S.O. e Primaria practicamos a diario nos recreos, que se nos fan demasiado curtos:
Primeiro está o escondite. Todo o mundo o coñece e está canso de xogar a el. Neste xogo practicamos velocidade e tamén habilidade. Xa levamos algunhas caídas, pero vale a pena mellorar a túa rapidez e a túa destreza. 
Logo está o brilé, tamén moi coñecido. Aquí, o que máis se practica é a cooperación, ademais do tiro co balón. Lévanse algúns pequenos golpes, pero a habilidade de lanzamento equilibra a balanza.
Despois está a pilla e a cadea. Neste xogo, cando pillas a alguén ten que ir contigo da man e así sucesivamente. Practícase cooperación, velocidade e sobre todo, coordinación. Os que pillan teñen que ir para o mesmo lado, decidir a por quén van e non romper a súa cadea. 
Por último, están a bomba e sangue. Na bomba unha persoa conta no medio e vai avisando canto queda para que explote a bomba. Mentres tanto, os outros xogadores forman un círculo arredor e van pasando a pelota. Cando a persoa do medio diga “ BOMBA”, a persoa que teña a pelota na man tense que sentar e así ata que quede o gañador, que terá que ir saltando as persoas sentadas para darlle o balón ao seu contrincante. En sangue, unha persoa tira un balón ao aire dicindo o nome doutro xogador, que terá que coller a pelota o máis rápido posible mentres os outros escapan correndo. Cando colla o balón, dirá “ SANGUE” e os demáis xogadores terán que quedar quietos no sitio sen alonxarse. O xogador do balón terá que dar tres pasos para lanzarlle o balón a un xogador. Se lle dá, ese xogador quedará eliminado, e se non lle dá, perderá el. En ambos xogos practícase velocidade e axilidade co balón, destrezas moi importantes para a educación física. 
Estes son os principais xogos que practicamos nos recreos. Espero que vos animedes  a xogar e que vos divirtades moito. 
1º E.S.O.